Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
No Pleno celebrado o pasado 28 de novembro o goberno do Concello de Vimianzo aprobou os Orzamentos para o ano 2016 cos votos a favor dos 8 concelleiros do grupo de goberno e coa abstención dos concelleiros e concelleiras da oposición.
Os orzamentos do Concello de Vimianzo para o ano 2016 ascenden a un total de 5.565.575,45€ no apartado de ingresos e gastos o que supón un 5,29 % máis que o ano anterior.
En canto á distribución dos gastos por capítulos, destaca o gasto en Bens correntes e Servizos, que supoñen un 40,93% .O segundo en gasto é o Capítulo de Persoal, con unha participación dun 34,23% no conxunto dos gastos, e con unha baixa de preto de dous puntos respecto do exercicio anterior e de case seis puntos respecto ao exercicio de 2010. A continuación destaca o Capítulo de Investimentos reais, con un 13,36%, con un incremento de máis de catro puntos respecto ao anterior orzamento.
En canto á dsitribución do gasto por políticas de gasto, a principal distribución (35,01%) está prevista na área 1, de Servizos Públicos Básicos, que son aqueles de prestación obrigatoria polos concellos. Do mesmo xeito segue aárea 9, Actuacións de Carácter Xeral (23,27%), recolle os gastos de carácter xeral, de administración, e dos órganos municipais ( a administración a disposicións de todos os servizos). Séguelle no gasto a área 3 (17,01%), Producción de Bens Públicos de Carácter preferente. Son aqueles referidos á Sanidade, Educación, Cultura, Deportes e Ocio. Unha porcentaxe moi similar (14,63%) édedicada ao gasto na área 2, Actuacións de Protección e promoción Social, aquelas referidos ao Benestar Social. A continuación está o gasto previsto para a área 4, Actuacións de Carácter Económico (7,05%), no ámbito da Promoción Económica. Por último, na área 0, Débeda Pública (3,02%) recóllense os gastos en xuros e amortización da débeda bancaria. Destaca especialmente a reducción desta última en case a metade, froito dunha política de amortización da débeda nos dous últimos anos. Neste senso a débeda prevista para finais de 2016 non chegará aos 700.000€
En canto á política de persoal, recóllese as previsión para o pagamento da paga extraordinaria de 2012, unha suba salarial do 1%, e unha nova negociación colectiva do marco de relacións laborais, así como a realización dunha Relación de Postos de Traballo. Os soldos políticos non soben, mantéñense.
O alcalde, Manuel Antelo, afirma que estes orzamentos rresponden as demandas de inversións da veciñanza e califícaos como uns orzamentos realistas e adaptados aos tempos.