18-11-2015
O alcalde de Vimianzo anuncia en dous bandos a obriga dos propietarios de limpar as fincas e as bonificacións do IBI
A Alcaldía do Concello de Vimianzo ven de sacar dous bandos.
Nun deles cumprese o acordo plenario de instar as persoas propietarias de fincas forestais lindantes con núcleos rurais ou incluídas dentro dos mesmos a que as manteñan limpas. Avisalles de que no caso de que as persoas propietarias non cumplan co establecido na lexislación o Concello levará a cabo as medidas correspondentes de forma subsidiaria.
No outro bando recórdalle á veciñanza que para beneficiarse das bonificación que rebaixan o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), tanto para familiars numerosas como para inmobles nos que se desenvolvan, de maneira exclusiva, tarefas agrarias, é preciso solicitalo por escrito na Casa do Concello antes do día 31 de decembro.
Descargas