Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Máis de 30 comerciantes de todo o concello, acompañados polo presidente de ASEMVI, reuníronse onte no salón de plenos co alcalde e a técnica de desenvolvemento local do concello para unificar propostas co fin de promocionar o pequeno comercio. Na reunión abordáronse dous temas fundamentaos: a maneira de articular medidas que promocionen o comercio local a través da unión entre comerciantes, e a vindeira campaña de Nadal na que cotarán coa axuda do concello. O alcalde destaca a vocación comercial do concello e a importancia deste sector para a economía e o emprego de Vimianzo.