Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo publicou recentemente unha app, dispoñíbel tanto para dispositivos Android como Apple, para facilitar a información ás visitas do Castelo de Vimianzo.
A app pode descargarse, de balde, tanto da AppStore de Apple como da GooglePlay. Na súa primeira versión está só en galego pero en sucesivas actualizacións ofertarase tamén en castelán e en inglés. Para atopala abonda con buscar nas tendas de aplicacións polo título: "Castelo de Vimianzo".
Na audioguía do Castelo podemos acceder a información arquitectónica, artística e histórica que nos achegará e nos facilitará unha completa comprensión da fortaleza soneirá.
Ademáis tamén hai unha sección dedicada aos oficios e artesanías que as visitas poden atopar actualmente no Castelo.
Con esta audioguía o Concello de Vimianzo pretende mellorar a súa atención ás visitas e reforza a súa aposta polo Castelo como centro turístico. Hai que recordar que entre xaneiro e outubro de 2015 recibiu un número aproximado de 20.000 persoas, acadando un lugar destacado entre os puntos máis visitados da comarca.
.