Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-11-2015

O Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña asinan un convenio para dinamizar o Castelo

O deputado responsábel da Área de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico, Xosé Regueira máis o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo,  asinaron este xoves o convenio de colaboración polo que a Deputación Provincial actividades de dinamización turística e cultural no Castelo de Vimianzo.
A Deputación da Coruña destina 70.000 euros para a realización de actividades de carácter turístico e cultural no Castelo de Vimianzo co fin de que o monumento sexa un lugar vivo e activo. Entre outras accións, o convenio asinado polo deputado Xosé Regueira mais o alcalde Manuel Antonio inclúe a realización de exposicións ao vivo de artesanía, visitas guiadas, roteiros a pé polo Val de Vimianzo, visitas teatralizadas, coaching ou posta en valor da riqueza artesanal.
De maneira especial, o convenio financia a realización da Mostra de Artesanía en vivo que se celebra desde o ano 1994 na propia fortaleza, con dependencias acondicionadas para seren exposición permanente de artesanía. No marco do desenvolvemento da XXII Mostra de Artesanía en Vivo 2015 inclúense as distintas actividades promocionadas entre as que se atopan exposición de encaixe de Vimianzo, proceso e artesanía do liño, artesanía de tear, marquetería de barcos, artesanía da prata e o vidro, cestería, artesanía da pel, elaboración de zocos e alfareiría de Buño.
As distintas actividades de dinamización que se desenvolven durante todo o ano na fortaleza fan dela un referente turístico a nivel comarcal. Durante o que vai de ano vistárona máis de 20.000 persoas.
Na xuntanza para a sinatura do convenio, o deputado Xosé Regueira e o alcalde Manuel Antelo avanzaron as posíbeis vías para a transferencia do Castelo que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X