Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo a entregou do premios da campaña de normalización lingüística A que sabe o Galego en Vimianzo? que organizou o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e coa que se recompilaron numerosas receitas tradicionais e mais vocabulario da zona relacionado coa gastronomía.
A dita campaña consistía nun Concurso de Receitas Tradicionais na cal houbo 46 receitas participantes, un Dicionario dos Sabores de Vimianzo e un Concurso nas Redes Sociais para todos aqueles que participaron contestando á pregunta A que sabe o Galego en Vimianzo?que se lanzou nas redes sociais.
As persoas gañadoras do concurso de receitas tradicionais foron:
Premio á receita máis popular en Facebook con 222 “Gústame” coa súa receita de ORELLAS e que gozará dunha cea para dúas persoas nun restaurante de Vimianzo e mais diploma: ORELAS de Antía Andrade Pérez.
Premio do xurado á mellor presentación: cea para dúas persoas e mais diploma. CALLEIRO DE MILLO de Sonia Martínez Lema.
Premio do xurado á receita que conta con máis fidelidade á tradición: cea para dúas persoas e mais diploma: BOLA DE BROA de Mercedes Pazos Martínez.
Premio do xurado á mellor receita infantil: cea para tres persoas e mais diploma. TORTA DE MAZÁ de Raúl Iglesias Caamaño.
En canto ao sorteo entre os que participaron coas súas achegas no Dicionario dos Sabores de Vimianzo, as persoas gañadoras foron:
Mª del Carmen Lema Lema: libro de receitas As lambetadas dos larpeiros.
Mª del Carmen Suárez García: libro de Novas receitas da cociña de larpeiros.
Laura Ramos Santos: libro de receitas As lambetadas dos larpeiros.
Ademais, Geli Veciño Ures foi a agraciada no sorteo que se celebrou entre os participantes do Concurso nas Redes Sociais e no cal gañou un libro das "Novas receitas da cociña de larpeiros"
As receitas, que foron achegas da veciñanza, ao igual que o dicionario estarán dispoñibles para a súa descarga dende a páxina do Concello de Vimianzo a vindeira semana.