Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, participa no V Foro Internacional do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais que ten lugar en Aranjuez. A reunión analizará as conexións transnacionais de traballo das diversas rutas europeas culturais e amosará as experiencias na promoción turística, a educación do público máis novo, a preservación do patrimonio cultural e a participación entre os sectores públicos e privados a nivel local.
Manuel Antelo participará en varias reunións da Ruta Megalítica Europea, xa que o Concello de Vimianzo está tramitando a súa admisión, dentro Ruta Megalítica do Arco Atlántico. O alcade reunirase nestes días coa
xerente da Megalithics Routes, Daniela Hauf, asi como coa presidenta do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais Penelope Denú, e con varios alcaldes da Ruta Megalítica da Costa Brava, que igualmente están en proceso de adminisión do Itinerario Cultural Europeo da Ruta Megalítica.
Cabe destacar que o Concello de Vimianzo é a única administración pública galega que cumple cos requisitos esixidos para formar parte da Megalithic Routes, itinerario cultural certificado baixo a supervisión do Consello de Europa.