Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-10-2015

Grande éxito da I Muiñada de Vimianzo

Co millo como principal protagonista Vimianzo viviu o sábado a súa gran Muiñada enchendo de vida o remozado Muíño da Agra que volveu moer da man dos veciños como facía noutros tempos. Maiores e pequenos quixeron participara desta "antropofesta" na que a tradición e o saber dos nosos maiores se xuntou coas ganas de experimentar dos máis pequenos dando como resultado unha xornada de confraternización, exhaltación de tradición a diversión.
Os encargados de arrincar os actos da xornada foron os compoñentes de Migallas Teatro que deleitaron a un gran número de nenos e nenas ansiosas por acompañalos nas coreografías e retrousos do seu traballo Pan de millo, cancións e teatro para público infantil mais que fai moverse do seu asento ao público que non é tan neno. E logo da música tempo de adentrarse na temática da festa e poñer a funcionar o muíño. O noso polifacético veciño Manolo Rial foi o encargado de levar a maiores e nenos anos atrás explicando o funcionamento dos apeiros que a veciñanza deixou para expoñer durante esa tarde. Paso a paso explicando o traballo previo á chegada do gran ao muíño, o momento máis agardado por todos os presentes, desexosos de ver o muíño da Agra de novo en funcionamento. E moeron, uns lembrando e outros aprendendo como o gran de millo se converte en fariña, máis ou menos grosa. Toda a tarde moeu o muíño e enfariñados quedaron os máis pequenos encantados de poderen experimentar coa fariña. E mentres o muíño traballaba, fóra comezaban os campionatos de esfolla e de debullo, que contaron cunha gran participación infantil e adulta, todos demostrando a súa habilidade para conseguir escunchar ou debullar a maior cantidade de espigas.
Chegando a noitiña e co recendo das empanadas que numerosas veciñas fixeran de balde para a ocasión, todas de fariña de millo, a xente comezaba a desprazarse cara ás mesas para degustalas xunto cos follados, chourizos, troitas, ...para coller forzas para os concertos da noite.
Antes dos concertos houbo sitio para o baile. As agrupacións locais: Foilada de Salto, Airiños do Río Grande de Pasarela e Trubisquiña de Vimianzo vestíronse de gala para facer unha pequena exhibición de danza galega e baile tradicional, antes de adentrármonos na noite e no apartado musical tan agardado. Druídas da Rolda, grupo de folk local, foi o encargado de prender a mecha e animar o público. Folk irlandés e folk da terra, os Druídas deixaron o público con ganas de máis, logo de animalos a corear o Molly Malone ou poñelos a bailar a ritmo de muiñeira. Con ese bo ambiente chegaba ao escenario o emblemático grupo A Roda, que aínda que remozados os integrantes, seguen triunfando cos cantos de taberna. Triunfaron como era de agardar temas tan coñecidos coma o "Miudiño", "O gato" ou o emblemático "Os bistéqueles" que tanto fan lembrar a voz de Fito Domínguez. E de tradición a innovación co grupo De vacas. Tres grandes voces as de Pinta, Marela e Morena acompañadas á guitarra polo Rubio, o cuarto compoñente do grupo, que non deixan a ninguén indiferente coas súas versións de temas das Spice Girls, Backstreet Boys, o tan versionado Gagnam Style ou o Single Ladies de Beyoncé a ritmo de pandeireta. O ambiente seguía in crescendo e tocou a cima coa subida de Sebastiao Antunes e A Quadrilha ao escenario. Cancións novas e lembranza de temas tan coñecidos como "Nao há dinheiro", "Doidera", "Ninguém é dono do mar" que corearon os presentes sen deixar que o ambiente decaera malia seren xa altas horas da madrugada. E para rematar a Muiñada a Liga gaiteira galega que, con música da terra puxo punto final á xornada festeira. Unha festa que deixou moi boas sensacións e ganas para comezar a traballar na II Muiñada.
Parabéns e grazas á A.C.Cherinkas e á veciñanza que coloborou con esta festa.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X