Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A programación de visitas guiadas para escolares da exposición Antón Mouzo, promovida polo concello para dar a coñecer a obra do pintor vimiancés, achegou a máis de 400 rapaces e rapazas á Sala de Exposicións que leva o nome do pintor. Alumnos e alumnas do IES Terra de Soneira, do CEIP de Baíñas, do CEIP San Vicenzo de Vimianzo e un grupo de 32 rapaces e rapazas do CPI Cabo da Area de Laxe solicitaron participar no programa. Hoxe foron os rapaces e rapazas de 5º e 6º do colexio San Vicenzo os encargados de pechar este programa de actividades. Da man da licenciada en Belas Artes Puri Lema visitaron a Exposición ao tempo que adquiriron coñecementos artísticos e elaboraron un mural colectivo inspirado na obra de Antón Mouzo.