Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, reuníuse coa vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín e co deputado de Cultura e Patrimonio, Xosé Regueira.
O alcalde presentoulles un ambicioso proxecto de mellora da contorna do Castelo para contribuír á súa proxección como referente turístico, xa non só da localidade senón de toda a Costa da Morte.
Ademáis disto trataron acerca da revitalización e posta en valor dos Batáns de Mosquetín e doutros elementos relacionados co patrimonio histórico e en posibilidades de colaboración na programación cultural.
As dúas partes quedaron en concretar máis adiante as propostas municipais. O rexedor valora de maneira positiva esta xuntanza e a receptividade tanto da vicepresidenta coma do deputado.