Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Coa asistencia á manifestación en Compostela o alcalde do Concello de Vimianzo quere mostrar todo o seu apoio ás reivindicacións do sector gandeiro para que as industrias lles paguen un prezo xusto polo leite.
As explotacións gandeiras teñen unha grande importancia no tecido socioeconómico dos concellos do rural galego e o feito de que sexan viables economicamente contribúe á fixación de poboación no rural con todo o que iso leva aparellado.
No caso do concello de Vimianzo hai activas máis dun cento de explotacións gandeiras dedicadas á produción de leite e contan cun número aproximado de máis de 5000 vacas, polo tanto é un sector de vital importancia para paliar a crise económica que vivimos xa que crean e manteñen un importante número de postos de traballo tanto directos coma indirectos.