Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Máis de 200 corredoras e corredores participaron nas probas disputadas o domingo 6 de setembro en Vimianzo.
Corréronse simultaneamente a V Carreira Popular Concello de Vimianzo e a proba do Campionato Galego de 10 km en ruta.
Os máis rápido foi o atleta do Club Atletismo Sar, Rubén Caamaño, que completou o percorrido nun tempo de 33 minutos e 2 segundos. Na categoría feminina a campioa foi Sandra Mosquera do Club Comesaña que perocorreu os 10 quilómetros nun tempo de 37 minutos e 15 segundos.
Poden acceder a fotografías da proba na páxina de Facebook do Concello de Vimianzo.