Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo continúa apostando pola promoción e a posta en valor do Castelo de Vimianzo.
Durante todo o verán a Mostra de artesanía e as representacións en vivo da historia do castelo atraeron a centos de visitantes.
A pasada fin de semana, dentro do proxecto Castelo Vivo, desenvolveuse o desfile con vestimentas de liño.
A actividade foi organizada pola Asociación de Amigos do Liño que preside Carmen Riveiro e asistiron, entre outros, o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio histórico, Xosé Regueira, o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, concelleiros da Corporación municipal de Vimianzo e representantes dos concellos de Laxe e Ponteceso.
A asistencia de público foi numerosa xa que o cultivo do liño e a súa posterior elaboración ten unha grande importancia na Terra de Soneira.
O fío de liño, por exemplo, é un dos máis utilizados polas palilleiras da comarca na elaboración dos encaixes.
As actividades de dinamización do Castelo continuarán o vindeiro fin de semana coa representación dramatizada da historia do mesmo que desenvolverá a compañía de teatro Os Quinquilláns o domingo ás 13 e ás 17 horas.
A Mostra de artesanía en vivo, que permite ver o traballo habitual de distintos artesáns continuará aberta até mediados do mes de setembro.