Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O vindeiro sábado as persoas participantes achegaranse aos Penedos de Pasarela e á contorna de Castrobuxán e o sábado 5 de setembro haberá unha visita nocturna ao patrimonio de Berdoias.
Nas seis saídas que se efectuaron ao longo dos meses de xullo e agosto as persoas participantes puideron coñecer o casco urbano da vila de Vimianzo, o pasado xacobeo, a riqueza megalítica ou a riqueza patrimonial do territorio que conforma o Concello de Vimianzo.
Esta é unha maneira innovadora de dar a coñecer e de contribuír á posta en valor do rico patrimonio etnográfico e cultural de Vimianzo.