Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-07-2015

O Goberno de Vimianzo asesora á veciñanza con motivo dos cambios de Catastro

O alcalde, Manuel Antelo, e o tenente de alcalde, Fernando Mancebo, explicaronlle ao numeroso público que encheu o Auditorio da Casa da Cultura, en que consisten os cambios do Catastro que estes días lle están sendo comunicados á veciñanza.
Os representantes municipais deixaron claro que o Concello non está detrás dos incrementos dos valores, xa que esta regularización forma parte dunha campaña promovida polo Goberno Central, a través do Ministerio de Facenda, para regularizar os valores catastrais dos bens inmobles en todo o territorio do Estado Español.
Ante os numerosos erros que afectan nalgúns casos á superficie do ben, aos usos ou mesmo cambian o propietario, a recomendación é a de presentar alegación dentro do prazo de 15 días que outorga a Administración.
O alcalde anunciou que se lle vai requirir ao Goberno Central que autorice ao Concello de Vimianzo a levar a cabo unha rebaixa do Imposto de bens inmobles (IBI).
Ao mesmo tempo no Pleno do Concello do vindeiro sábado día 1 de agosto presentarase unha proposta para modificar a Ordenanza reguladora do Imposto de bens inmobles co gallo de permitir unha bonificación para as construcións agrícolas dun 95%, contribuíndo, desta maneira, á creación de emprego e riqueza por parte das explotacións agrícolas e gandeiras.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X