Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-06-2015

O alcalde de Vimianzo recibe á mocidade europea

O alcalde de Vimianzo recibe á mocidade europea

O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo recibiu na Casa do Concello ás mozas e mozos que participan no proxecto Young Acting Rural in Europe.

Estarán na capital de soneira até o domingo 5 de xullo. Durante a súa estancia achegaranse ao patrimonio, á gastronomía, á cultura e aos xogos tradicionais como fórmulas válidas de emprendemento.

Dada a coincidencia coas actividades da vixésima edición do Asalto ao Castelo as e os participantes nesta iniciativa terán un papel activo nas celebracións.

Neste proxecto participan 30 mozas e mozos, de entre 18 e 25 anos, procedentes do concello italiano de Tortosona, do eslovaco de Zemplínske Hámre, da asociación Ecomuseu do Barroso (Montealegre-Portugal), da asociación Ballyfermot Youth Service (Dublin-Irlanda) e da asociación Je voyage donc je suis (Francia) e do concello de Vimianzo.

O obxectivo principal deste proxecto é dotar ás mozas e mozos participantes dunha serie de competencias pre-laborais relacionadas coa iniciativa social, o espírito emprendedor e a participación cidadá, así como o intercambio cultural positivo arredor das accións de dinamización social e desenvolvemento local que se realizan nas comunidades europeas participantes no proxecto.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X