Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-06-2015

O Asalto na memoria, 20 anos da nosa festa máis emblemática

Falar de Vimianzo é falar do Asalto ao Castelo. Hoxe ninguén dubida que esta afirmación sexa certa. Mais non sempre foi así.
Quen lle ía dicir a aqueles mozos e mozas da Asociación Xuvenil Axvalso que hai vinte anos tiveron a valentía de organizar a 1ª Noite Folk, malia non atopar o máis mínimo apoio por parte de ningunha administración, que ía acabar sendo a nosa festa máis emblemática? Porque así nacía o Asalto ao Castelo, como un concerto folk, nunha época no que estes eventos comezaban a emerxer nas cidades e vilas galegas, e a mocidade de Axvalso quería que Vimianzo tamén se subise a ese tren. A idea era boa: "Vimianzo ten un castelo que nos representa e nos diferenza, pois fagamos o concerto no Castelo". A idea de Axvalso era boa, pero non se puido levar a cabo, pois aos propietarios da fortaleza non lle pareceu axeitado, por iso a festa se trasladou ao campo de Trasariz. Aquí empezou todo. Esta resposta negativa sería a que marcou para sempre o Asalto ao Castelo. Pois naquela 1ª Noite Folk, froito da exhaltación da festa, e instados por Vicente Mohedano, tivo lugar o verdadeiro Asalto ao Castelo. A xeito de protesta contra aquela negativa a celebrar os concerto no castelo, os presentes en Trasariz arrancamos rúa arriba, sen máis arma que as pandeiretas do Rueiro da Cancela e as propias voces dos presentes dispostos a tomar a fortaleza. Así naceu o Asalto ao Castelo. A experiencia gustou e volveu repetirse ano tras ano, cada vez dunha maneira máis organizada. Logo chegarían as representacións teatrais arredor do Asalto que se converteron no eixo central da festa. Había que levar o Asalto á vila e que mellor xeito que cos tan agardados pinchos irmandiños. A festa ía medrando e necesita aire fresco, novas ideas e pilas cargadas para darlle o impulso definitivo. Chegaron entón os mozos e mozas de Cherinkas recoller o testemuño dos Axvalso, traballando man a man pola festa. Novas actividades para todos o s públicos entraron no Asalto coa chegada de Cherinkas: feira de artesanía, música na rúa, publicacións literarias, actividades deportivas, creación audiovisual, e a cita máis agardada: a cea mediaval no foso do castelo. O pobo de Vimianzo foi tomando conciencia do que o Asalto significaba e volcáronse con el engalanando a vila, vestíndose ao xeito irmandiño e participando cada vez máis na festa. Unha festa que naceu do pobo e segue mantendo a súa esencia. Malia que agora conta co apoio económico do concello cunha decidida aposta polo Asalto, o traballo desinteresado de Cherinkas e Axvalso é fundamental para que se poida celebrar a festa.
De como foi e como é o Asalto ao Castelo falouse o sábado nunha charla-coloquio na Casa da Cultura. Baixo a batura de Moncho Gándara, que ía adentrándonos nos diferentes aspectos da festa, cada participante foi contando como se chegou ao que hoxe temos. Benxa Queiro, no que respecta á música; Vicente Mohedano, Minke Lap e Guillermo Méndez, das representacións teatrais; a Carlos do Celme e Diego Hermida tocoulles falar da gastronomía no Asalto, dos pinchos irmandiños, o primeiro, e da cea medieval, o segundo; Míchel Antelo, contounos as actividades que hai arredor do propio Asalto: artesanía, deseño, creación literaria, creación audiovisual, deporte, ....; a Fernando Mancebo tocoulle falar da aposta municipal polo Asalto, un feito que debería ter acontecido desde a 1ª Noite Folk; e Manuel Rial falounos da importancia dos medios de comunicación de cara a promocionar a festa.
Unha completa visión do que foi, o que é e o queremos que sexa o Asalto, que rematou coa inauguración da exposición O Asalto na memoria. unha completa mostra do material creado para o Asalto ao longo destes 20 anos, con fotografías que espertan a nostalxia daqueles que viron nacer e crecer esta festa singular e abren a imaxinación daqueles que se acaban de achegar ao Asalto.

Que tería sido do Asalto ao Castelo de seren outros os condicionantes iniciais daquela Noite Folk? Nunca o saberemos.

Longa vida ao Asalto ao Castelo!!

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X