Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado venres abríase a Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura cunha das exposicións máis agardadas do ano, a dos alumnos e alumnas das escolas municipais de panillo, pintura e gravado. Unha exposición na que só se pode ensinar unha pequena mostra do traballo realizado durante todo o ano, por cuestión de espazo, mais antes de inaugurar a exposición, os presentes tiveron ocasión de ver unha mostra máis extensa nunha presentación no Audotorio. Antes de ver a gran cantidade de traballos realizados en ambas as dúas escolas, o Alcalde tivo unha palabras de admiración e agradecemento para profesoras e alumnas, mulleres na súa maioría en calquera das modalidades artísiticas. Tamén as profesoras Puri Lema e Mercedes Lema tiveron ocasión de dicir unhas palabras e, sobre todo, de escoitar ás representantes dos alumnos a súa valoración sobre o curso. Palabras de orgullo, de emoción e de gañas de continuar co traballo iniciado.
Na Sala de Exposicións púidose ver a gran calidade dos traballos realizados polos artistas, unha exposición que se poderá visitar ata o 14 de xuño.
Ao mesmo tempo, no hall da Casa da Cultura pódense ver os cadros que o alumnado adulto da Escola de Pintura, realizou para a segunda poxa solidaria. Ademais de ver os cadros "in situ" pódense visualizar na web www.vimianzosolidario.org a través da cal se debe realizar a poxa ata o 8 de xuño. Os cartos que se recaden nesta iniciativa solidaria irán destinados integramente a Cáritas Vimianzo.