29-04-2015
A pedestre de Vimianzo bate record de participación
O domingo amencía cuberto de nubes que ameazaban con deslucir a carreira pedestre popular do concello de Vimianzo, con máis de 600 inscritos nas diferentes categorías, unha incrición que superaba en máis de 200 a da terceira inscrición. Mais as rúas de Vimianzo comezaban a encherse de deportistas e o ambiente dun domingo non habitual comezaba a notarse desde ben cedo.
Ás dez da mañá comezaba a primeira das carreiras das categorías infantil e cadete, cunpercorrido de 3.000m. Seguiríalle a categoría xuvenil que tiña un percorrido de 5.400 metros xunto coa categorçia absoluta 5K, que nesta edición leva o subtítulo de contra o cancro. xa que a recadación total desta inscrición vai destinada para a Asociación Provincial contra o cancro. Ás 11.15 horas comezaba a proba 10K absoluta, que puntuaba para o Circuíto Correndo pola Costa da Morte, con máis de 200 participantes. Despois desta proba os máis pequenos benxamíns, alevíns e a categoría que máis público atrae, os pitufos, cunha participación de máis de 90 pequenos atletas.
As rúas de Vimianzo enchéronse de deporte e o ambiente non era o habitual dun domingo normal na vila. Un feito que supón unha pequena axuda para a economía local, xa que aos participantes na proba, que se desprazan desde diferentes puntos da xeografía galega, hai que sumar os acompañantes e o público que se achega a ver as probas. Un pequeno impulso para a hostalaría e para a promoción do noso concello.
CLASIFICACIÓN:
CATEGORÍA INFANTIL
MASCULINA
1. Daniel Barcia Rama
2. Antonio Luaces Paz
3. Diego Romero Aguiar
FEMININA
1. Marta Souto Vizoso
2. Inés Vázquez Santos
3. Ana Oca Vázquez
CATEGORÍA CADETE
MASCULINA
1. Elian Numa López iglesias
2. Carlos Valiña Lista
3. Javi Rodríguez Castro
FEMININA
1. Elena Carreira Santabaya
2. Paula Trinidad Leo
3. Ana García Vázquez
CATEGORÍA XUVENIL
MASCULINA
1. Brais Trillo Lago
2. Yago Pazos Barbeito
3. Jesús Daniel Suárez Zurita
FEMININA
1. Lucía Suárez Crespo
2. Paula Romar Ríos
3. Judith Senlle Pampín
CATEGORÍA ABSOLUTA 5K
MASCULINA
1. Amador Pena Torreira
2. Damiano Espasandín Lema
3. Óscar Pazos Berbeito
FEMININA
1. Jéssica Inés Muíños Reyes
2. Victoria Fernández García
3. Paula Esteiro Ramos
CATEGORÍA ABSOLUTA 10K
MASCULINA
1. Cristian Muíño Varela
2. David Landeira Castro
3. Luis Miguel Antelo Lema
FEMININA
1. Vanessa Lafuente Varela
2. Teresa Castro Villaverde
3. Eva Isabel Babiano García
CATEGORÍA SÉNIOR 10K
MASCULINA
1. Cristian Muíño Varela
2. David Landeira Castro
3. Luis Miguel Antelo Lema
FEMININA
1. Vanessa Lafuente Varela
2. Eva María Portas Lemus
3. Paula Calo Trillo
CATEGORÍA M40 10K
MASCULINA
1. Juan Carlos Casal Pérez
2. Manuel Oliver Pérez López
3. Javier Seoane Puga
FEMININA
1. Teresa Castro Villaverde
2. Eva Isabel Babiano García
3. Belén Pérez Martínez
CATEGORÍA M50 10K
MASCULINA
1. José Suárez Leis
2. José Río Ínsua
3. José Manuel Rodríguez Tajes
FEMININA
1. Carmen García García
2. Araceli Veiga Bermejo
3. María Luz Vázquez Fernández
CATEGORÍA ALEVÍN
MASCULINA
1. Rubén Manuel Caamaño Velo
2. Samuel Canosa Lojo
3. MArtín Dubert Rama
FEMININA
1. María Villaverde Ameijeiras
2. Salma Barrós Vigo
3. María Allones Lema
CATEGORÍA BENXAMÍN
MASCULINA
1. Ousmane Sarr Sarr
2. Alonso de Vicente Martínez
3. Mario Trillo Trillo
FEMININA
1. Laura Castiñeira Bustamante
2. Laura Blanco Moreira
3. Carla Pose Lema
PRIMEIRO CLASIFICADO DE VIMIANZO
Luis Miguel Antelo Lema
PRIMEIRA CLASIFICADA DE VIMIANZO
Teresa Castro Villaverde
Parabéns a todos os participantes na IV Carreira pedestre Concello de Vimianzo e parabéns e grazas a todos os voluntarios e voluntarias que traballaron na organización desta carreira.