Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-04-2015

Aprobadas as axudas para as asociacións culturais, sociais e deportivas

O concello de Vimianzo aprobou as subvencións para as asociacións culturais, sociais e deportivas para o presente ano 2015, unhas axudas para o fomento das actividades que estas entidades levan a cabo sendo as dimamizadoras da cidadanía vimiancesa en todas as parroquias.
En canto ás subvencións para o fomento de actividades culturais aprobáronse axudas para as 11 asociacións solicitantes, que constan inscritas no rexistro municipal. Seguindo os criterios sinalados nas bases: actividade de nova organización ou de continuidade (primando o segundo sobre o primeiro) e a repercusión social no concello, atendendo ao número de persoas beneficiarias e ao número de socios da entidade, o reparto de axudas quedou do seguinte xeito: Asociación parroquial de Berdoias, Asociación Cultural Trubisquiña, Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo, Asociación Neira Marcos de Salto, Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo e Asociación Xuvenil Cherinkas recibirán 400€ cada unha; 300€ a Asociación Cultural Stabat Mater e Asociación de Amas de Casa de Vimianzo; 200€ para a Asociación A Rula e para a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Vimianzo; e 100€ para a Asociación Virxe da Fátima de Cambeda.
 
Nas subvencións deportivas distínguese entre ascociacións deportivas e equipos e clubs de fútbol. En canto ás asociacións, seguindo os mesmos criterios das culturais, as catro asociacións solicitantes, Asociación Deportiva de Pesca Neria, O Castelo de Vimianzo, Asociación Neira Marcos de Salto e Asociación Xuvenil Cherinkas, recibirán 500€. En canto aos clus de fútbol, as axxudas van en función da categoría na que militen, tal como constaba nas bases, diferenciando axuda para actividade e para transporte e arbitraxe, atendendo sempre á porcentaxe de xogadores ou xogadoras empadroadas no concello. A estas axudas increméntanse ademais outras por creación de equipos en categorías inferiores, organización de actividades no verán nas que participen terceiros beneficiarios e organización de actividades distintas aos campionatos de Liga, nas que participen terceiros beneficiarios. Atendendo a estas cuestións o reparto de subvencións quedou do seguinte xeito: Club veteranos de Vimianzo 250€, Club de Fútbol Castrelo 1300€ por un equipo que milita en terceira; Club Deportivo Baíñas 2000€ por un equipo que milita en segunda; Fisober recibirá unha subvención de 4.500€ por catro equipos en diferentes categorías máis a organización do Campus de Semana Santa e o Torneo de Fútbol Sala Base; e ao Soneira SD correspóndenlle 12.000€ por dous equipo en difernetes categorías máis o proxecto de formación dun equipo xuvenil, a organización do Campus de Verán,  o Torneo interparroquial sub 16 e os actos do 50 aniversario do Soneira.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X