Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-02-2015

A chuvia non puido co Entroido de Vimianzo

A chuvia quixo estar presente no día grande do entroido de Vimianzo e, a medida que se achegaba a hora prevista, parecía que quería gañar en protagonismo aos disfraces que pouco a pouco ían aparecendo polas rúas. Non puido levarse a cabo o desfile polas rúas da vila pero a xente tiña gana de entroido e a festa fíxose notar no pavillón municipal. A Charanga Escándalo poñia a nota musical mentres a xente ía chegando ao pavillón e os grupos e comparsas ultimaban detalles antes de saír á pista e o público comezaba a degustar as filloas que as Amas de Casa estiveron elaborando durante toda a xornada. Preparados no escenario,o  Alcalde de Vimianzo dáballe a benvida aos presentes e o mestre de cerimonias, Míchel Antelo, daba o pistoletazo de saída ao concurso de disfraces, logo de facer a presentación dos membros do xurado: Ali Camiño, de Radio Nordés; Ubaldo Cerqueiro, quepasanacosta; Manuel Rey, de RadioVoz Bergantiños; e José Manuel Ramos de El Correo Gallego.
Comezaba o concurso cos grupos. Os pastores eran os primeiros en poñer en escena o espectáculo que traían preparado, con ovellas, can gardián, pastores e lobo incluído. Do campo pasamos á praia co grupo de Baíñas Vaya, vaya, aquí no hay playa, que trouxeron o verán ao pavillón, poñendo os mantidos corpos ao sol. As Reinas do Carnaval trasladaronnos por un momento ás rúas de Río de Janeiro ou ao carnaval tinerfeño. Un grupo de pequenos gnomos cun baile moi ensaiado e trolls incluídos, puxeron a nota de cor ao pavillón. Os esfarrapados zombies de Ranita fixeron un ensaiado baile, e os palomiteiros repartiron flocos de millo aos presentes, co carro incluído. . Un reivindicativo cosiñeiro, cun chourizo moi especial e orixinal, deunos a receita dun saboroso Cosido. As Jinetas griegas fixeron o paseo co carreta tirada por un fermoso poni. Ao mundo rural volviunos traer o Corral dos pitiños, un grupo de galiñas e pitiños moi bailadores, con granxeiro ao mando. Os televisivos Teletubies cos seus habituais xogos deixaron diversión para os máis pequenos. E pechouse a quenda dos grupos a ritmo de funk, cunha coidada interpretación de Uptown Funk, que levantou o aplauso do público en varias ocasións.
A música da Charanga deu paso ao concurso de Comparsas. Río Rock das Trubisquiñas foi a primeira en saír á pista. O colorido dos paxaros da comparsa máis numerosa, encheu de cor o pavillón que disfrutou do acompasado baile de ás. O grande éxito de Michael Jackson, Thriller, estivo presente en Vimianzo. Desde Baíñas chegaron moreas de zombies que fixeron unha lograda represetnación do coñecido vídeo clip, con baile incluído. E como broche final, a carabana do Orgullo Gay facía entrada no polideportivo, contaxiando de diversión ao público co baile ao ritmo de YMCA de Village People.
Rematadas as comparsas os disfraces individuais defilaron ante o xurado para conquistar o premio: muíños manchegos, astronautas, Mickies e Minnies, Bruxas, atracción de feira, fadas, etc.
O Dúo D`Festa encargouse de poñer a música mentres o xurado deliberaba a quen outorgar os premios e os nenos e nenas se divertían nos inchables. O xurado deliberou e decidiu outorgar os premios individuais infantís a Minnie, as palomitas e atracción de feira. O mellor disfrace individual foi para o muíño manchego. Na categoría dos grupos o gañador foi Vaya, vaya, aquí no hay playa; e o premio ao mellor grupo local foi para Uptown Funk. O premio á Comparsa local  gañouno Orgullo Gay, mentres a gañadora xeral foi Thriller Baíñas.
Parabéns a todos os participantes que coa vosa presenza e alegría mantedes vivo o espírito do Entroido en Vimianzo


Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X