Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O concello de Vimianzo aposta polo deporte e proba disto é a variada oferta deportiva municipal na que participan persoas de todas as idades. Entre estas actividades está o tiro con arco, que gaña ano a ano máis adeptos. De impartir esta disciplina encárganse os arqueiros do Club de Tiro con Arco local DousxSetenta. Cunha gran cantidade de nenos e nenas en todas as categorías, parece que é o cliub provincial que máis arqueiros presenta nos campionatos nas categorías inferiores. nestes campionatos os arqueiros e arqueiras vimiancesas veñen acadando diferentes títulos e no recente Campionato galego de Sala Vimianzo quedou moi represetnado no podio. En categoría esquío María Lema acadou o campionato na categoría feminina, mentres que na categoría masculina dous vimianceses alzáronse co campionato: campión, Anxo Trillo e subcampión, Dylan Rodríguez. Na categoría benxamín feminina o podio completo foi para as nosas arqueiras: Paula Vázquez 1ª, Paula Pérez 2ª e Marian Hermida 3ª; mentres que na masculina Yago García quedou 3º, Martín Pérez 4º, Samuel Bllanco 5º e Brais Méndez 6º. Na categoría alevín feminina a subcampioa foi Laura Ramos e na masculina Adrián Sampedro 6º, José Vázquez 7º e Rafa Martínez 8º. O logro destes méritos fixo que o Alcalde, Manuel Antelo, e o Tenente Alcalde, Fernando Mancebo, quixeran realizarlles unha recepción oficial no Concello o pasado sábado, onde se fixo entrega de medallas conmemorativas aos campións, rematando coa tradicional foto de familia nas escaleiras da casa consistorial.
O Alcalde agradeceulle á directiva do Club o traballo que realiza con pequenos e maiores e aos nenos e nenas por escoller este deporte. Mentres que o presidente José Mª Lema Sanz , quixo facer fincapé dos pais e nais que apoian este deporte.
Moitos parabéns a toda a familia do Club Tiro con Arco DousxSetenta e moitos éxitos nos vindeiros campionatos