Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-01-2015

Grande éxito da sexta edición do Duatlón de Reis

O lugar de Castromil, na parroquia de Salto, é desde hai uns anos coñecida no mundi do atletismo grazas ao Duatlón de Reis do concello de Vimianzo. Unha proba que naceu da idea dun grupo de afeccionados ao atletismo e ao ciclismo que decidiron xuntarse no día de Reis para facer un adestramento combinando as dúas disciplinas converteuse, co paso dos anos, nunha das probas máis agardadas do calendario deportivo invernal. Asumida a organización polo concello desde 2012, cada ano é maior o interese que esperta esta proba non competitiva, chegando este ano a pecharse a inscrición aos dous días do inicio e abrir unha extensa lista de agarda, debido ás limitacións de espazo na zona de transicións. 144 participantes acoden ao Duatlón, dispostos a percorrer, 30 km en asfalto e pistas de terra, que o clima propio do mes de xaneiro, converte en lama co paso das rodeiras. Unha dificultade engadida ao esforzo dos deportistas, que lonxe de velo como un impedimento asúmeno como un aliciente a maiores. 
Castromil converteuse nun fervedoiro de bicicletas desde ben cedo, xa que a entrega de dorsais comeza ás 9 da mañá. Os corredore somezan a realizar o quencemento previo ao inicio da proba, e a tranquilidade dominical habitual do lugar rómpese cun ir e vir de xente. O ambiente deportivo faise notar nos arredores. Todo preparado para dar a saída na praza de Dona Carme Neira Marcos. Os participantes agardan tras a liña e o Alcalde dá comezo á proba segundo o horario previsto. Comeza o percorrido: 5,4 km de carreira a pé, 21 km en bicicleta e 3,6 km de novo a pé para finalizar a proba. Pouco máis de 18 minutos tardou o primeiro corredor en realizar o primeiro tramo e realizar a transición á bicicleta. Unha hora, vinte minutos e 16 segundos, foi o tempo que lle levou a Marcos Mayo Figueira realizar a proba completa, superando en case 5 minutos a marca realizada polo campión do Duatlón 2014. Unha marca que tamén superaro os seguintes clasificados, Darío Manuel Otero Pampín (1:20:16) e Fernando Abad Roca (1:20:58). O cuarto posto sería para un atleta local, David Calzas Ínsua, que malia non acadar podio, si obtivo un recoñecemento por parte do terceiro clasificado, quen o convidou a compartir podio para agradecerlle o apoio que lle prestou durante a carreira. Na categoría feminina, Priscila Suárez Méndez realizou a mellor marca (1:36:25) seguida de Vanessa Pardo Pena (1:59:04) e Mar Delgado González (1:59:57). Pasada a unha e media realizábase a entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Realizada e entrega por parte de Víctor Santos, técnico municipal de deportes; Fernando Mancebo, Tenente Alcalde; e Manuel Antelo, Alcalde; Xan Fernández facía entrega ao primeiro clasifica e á prmieira clasificada dunha cesta de produtos, cortesía da Clínica Vimianzo Saúde.
Malia non conseguir podio, houbo gran participación vimiancesa no Duatlón de Reis, uha afección que cada día gaña máis adeptos no noso concello. Un feito que leva ao concello a seguir organizando e promocionando este tipo de eventos deportivos. Parabéns a todos e cada un deles e delas, e parabéns a todos os que participaron no Duatlón, vindo a Vimianzo desde diferentes lugares da xeografía galega.
Agradecemos a participación de todas e todos os atletas, e de todas aquelas persoas que intentaron inscirbirse e non puideron participar por falta de praza. En vindeiras edicións agardamos poder dar cabida a un maior número de participantes en vista da efectividade do cambio de lugar de transición realizado este ano. 
Agradecementos tamén para todas as persoas que traballaron no desenvolvemento do Duatlón: traballadores municipais, protección civil, voluntarios e voluntarias, Asociacións Neira Marcos e Lume no Caño, Cruz Vermella, Clínica Vimianzo Saúde.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X