07-01-2015
O Duatlón de Reis pechará a programación de Nadal
O mes de decembro é maioritariamente o mes dos nenos que manteñen viva a ilusión destas datas. Vimos de rematar unha programación intensa na que estiveron presentes Papá Noel, o Apalpador, títeres, obradoiros, Carteiro Real e, a cita máis agardada, os Reis Magos de Oriente. A cabalgata real percorreu o luns as parroquias do concello durante toda a xornada do luns rematando cunha recepción na Casa da Cultura, antes de írense deitar para ver cumridos as peticións feitas coa maior das ilusións aos Magos de Oriente. E para o broche final da festa a escola municipal de pandeireta despediu o Nadal cantando os Reis do xeito máis tradicional.
Queda agora unha cita deportiva para rematar estas festas: o Duatlón Cros de Reis, a primeira proba deportiva do ano e unha das máis agardadas. O vindeiro domingo a praza de Castromil encherase de atletas dispostos a percorrer 30 Km, 21 en bicicleta e 9 correndo, no que o verdadeiro protagonista, dada a época do ano na que ten lugar, adoita ser o tempo meteorolóxico. Podemos anticipar un éxito de participación xa que en pouco máis de 2 días cubríronse as 144 prazas dispoñibles para disputar a proba. Nesta VI edición, ademais dos tradicional trofeo aos 3 primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina, o primeiro e primeira clasificada terán un premio especial, por cortesía da Clínica Vimianzo Saúde. A proba dará comezo ás 11 horas na Praza de Castromil