Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O sábado a Casa da Cultura enchíase de nenos e nenas dispostos a darlle a benvida ao Nadal do mellor dos xeitos, con festa. Duendesico tíñalles preparada unha divertida tarde con bailes, cancións, maquillaxe, globoflexia, animación, con Papá Noel como protagonista. Unha festa que divertiu a nenos e pais desde as cinco da tarde ata as oito, momento en que o Alcalde subía ao escenario para facer entrega dos premios do Concurso de postais de Nadal, un concurso no que participaron 70 nenos e nenas de infantil e primaria de todos os centros de ensino do concello, todas elas permanecerán expostas na Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo. Catro categorías e tres premios por categoría, foron subindo a recoller o seu premio:
Categoría A (1º, 2º e 3º de educación infantil)