Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado sábado a Praza do Concello convertíase nun escenario automobilístico onde os pilotos vimianceses Amador Vidal e Francis Lema, deixaban patente, ante veciños, amigos e seguidores, a súa habillidade ao volante, que os levou a proclaamarse campións de España de Rallies de Terra.
Con gran cantidade de xente tras as barreiras de seguridade os pilotos fixeron unha impresionante exhibición de trompos, antes de deixar o coche a disposición de todo aquel que quixera subirse a el e inmortalizar o momento.
Unha vez rematada a exhibición os campións de España saían ao balcón do Concello acompañados polo Alcalde e por membros da corporación para recibir a merecida homenaxe de Vimianzo e, sobre todo, de Pasarela, que acudiron en masa arroupar os seus veciños.
Manuel Antelo non reparou en eloxios para os campións mostrándose orgulloso de contar entre os veciños do concello con dous pilotos da categoría de Vidal e Lema que deixan o nome de Vimianzo no máis alto a nivel deportivo e persoal. En nome da corporación municipal entregoulle unha placa conmemorativa do acto. Logo das palabras do Alcalde foi Amador quen se dirixiu aos presentes para agradecer a grande acollida veciñal e institucional. E como broche final ARVidal realizou un sorteo entre todos os presentes de 10 viaxes como copilotos de Amador. Noraboa aos afortunados e afortunadas que terán ocasión de sentir a adrenalina dos rallies a carón do campión.