Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-11-2011

Continúan as visitas escolares á Exposición Antón Mouzo

Continuan as visitas escolares á Exposición Antón Mouzo

Na xornada de hoxe continuouse desenvolvendo o programa de visitas guiadas á Exposición de Antón Mouzo. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas do CPI Cabo da Area de Laxe os que quixeron achegarse a coñecer a obra do pintor vimiancés, e así 32 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de educación primaria participaron nas actividades organizadas por Puri Lema para a visita á exposición.
Nada máis rematar este grupo laxense foi a quenda dos máis pequenos do CEIP San Vicenzo de Vimianzo; 49 nenos e nenas de 4 e 5 anos de educación infantil visitaron a exposición e gozaron plasmando a súa arte nun mural colectivo. O vindeiro luns rematarán esta programación os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de educación primaria deste mesmo centro.  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X