Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado venres 17 de outubro inaugurouse na Sala de exposicións Antón Mouzo, da Casa da Cultura de Vimianzo a exposición de pintura "De augas e terras" do pintor compostelán Nolo Suárez.
A exposición estará aberta na Sala de Exposicións Antón Mouzo, na Casa da Cultura, até o día 13 de decembro. De luns a venres poderase visitar de 9:00 a 20 h e os sábados de 10:00 a 13:00 h.
Nolo Suárez, natural de Compostela, cursou estudos na Escola de Artes e Oficios que completou con diversos cursos de debuxo, pintura e gravado.
Ten exposto a súa obra en diversas galerías, museos e salas de exposicións. Foi seleccionado pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia para expoñer de maneira itinerante en Lugo e na Coruña coa mostra individual “Confluentes” e expuxo en mostras organidas polos concellos de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.
Ten participado en mostras internacionais en Galicia e Portugal.
Máis información na súa páxina web: http://www.nolosuarez.com