Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-09-2014

Os maiores de Vimianzo visitan o Levante

A Concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, acompaña máis dun cento de veciños e veciñas do concello nunha viaxe organizada para os maiores de 55 anos. Unha viaxe que espertou moito interese na veciñanza, que deseguido ocupou as prazas dispoñibles.

Saíron de Vimianzo o pasado xoves pola tarde e logo de cear no Parador de Villafranca del Bierzo chegaron a Benidorm o venres pola mañá.

O domingo tiveron unha visita guiada á cidade de Alicante na que visitaron, entre outros lugares, os castelos de Santa Bárbara e de San Fernando, o Parque Canalejas, a Lonja de Pescado ou a illa de Tabarca.

Hoxe luns visitarán o Parque Mundomar, no que verán animais como os flamencos, as tartarugas, os cisnes ou as nutrias.

O xoves 25 emprenderán a viaxe de regreso, xantando nas aforas de Madrid e merendando en Vega de Valcarce.

A chegada a Vimianzo está prevista para o xoves as 22:00 h.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X