Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Terra de Soneira achegáronse á Casa da Cultura na mañá de hoxe para participar no programa de visitas guiadas á Exposición Antón Mouzo. Manuel Antelo recibiunos á chegada á Sala de Exposicións xunto con Puri Lema, licenciada en Belas Artes encargada das actividades da programación da visita que comezan cunhas nocións teóricas antes de visitar a exposición, un traballo de investigación na biblioteca e rematan cos elaboración dun mural colectivo oinspirado na obra do autor.
Pola tarde serán os nenos e nenas de 3 anos do CEIP San Vicenzo os que se acheguen á Sala de Exposicións para participar no programa.