Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-09-2014

Acto de comunicación dos premiados no Concurso de ideas para execución dunha piscina municipal cuberta

O sábado 6 de setembro, nun acto desenvolvido na Casa da Cultura de Vimianzo, déronse a coñecer os premiados do Concurso de ideas para a execución dunha piscina municipal cuberta.

O gañador do primeiro premio foi o arquitecto Alberto Montesinos Suárez de la Vega, máster en arquitectura pola Harvard Graduate School of Design, que traballou durante algúns anos no estudo do arquitecto Rafael Moneo e que actualmente está a traballar en Nova Iorque.

O segundo premio foi para Elizabeth Abalo Díaz, do estudo compostelán Abalo Alonso arquitectos e o terceiro premio recaeu en Carlos Meri Cucart, profesor titular da Universidade de Arquitectura de Valencia.

Ademáis dos tres premios o xurado concedeu tres mencións honoríficas aos proxectos presentados por Redondo, Valladares y Rodríguez Arquitectos, Sofía Quiroga Fernández e Alfonso García Santabárbara e Paula Jaén Caparrós.

O xurado, que estivo conformado polos arquitectos J. Luís Méndez Pérez, Fernando Agrasar Quiroga, Alberto Noguerol del Río e Alfredo Díaz Grande. Os membros do xurado sinalan que os proxectos gañadores cumpren axeitadamente os valores estéticos, se adecuan ao programa proposto, ás relacións co entorno e coas edificacións existentes ademáis amosan unha razoable calidade técnica, de disposicións construtivas e de consumo enerxético.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X