Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-07-2014

Liña verde: Un novo servizo de consultas medioambientais e comunicación de incidencias no equipamiento urbano

O Concello de Vimianzo implanta un novo servizo de consultas medioambientais e comunicación de incidencias no equipamiento urbano. Grazas a esta iniciativa, os cidadáns e empresas do municipio poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo permite dar resposta a calquera consulta medioambiental suscitada, ademais de servir como canle directa de comunicación das incidencias que se detecten no equipamento urbano do municipio.


No día de onte, o Alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, presentou a posta en funcionamento do servizo Liña Verde. Desta forma pretende crear unha canle de comunicación directo en temas medioambientais cos cidadáns e empresas do municipio.

Para acceder ao servizo Liña Verde basta con conectarse á web www.linhaverdevimianzo.org. Unha vez rexistrado, o usuario poderá suscitar calquera consulta a nivel medioambiental. Un equipo de expertos na materia, dará resposta nun prazo máximo de 24 horas. Ademais, tamén poderá poñer en coñecemento do Concello calquera incidencia que detecte no equipamento urbano do municipio.

Para facilitar aínda máis esta nova canle de comunicación, o Concello de Vimianzo  implantou o servizo Liña Verde tamén a través do dispositivo móbil.

Para iso o usuario deberá conectarse á web de Play STORE ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móbil (Android / iOS). Seleccionará a aplicación Liña Verde, e descargaraa de forma gratuíta no seu smartphone. Unha vez aberta a aplicación no teléfono, a persoa poderá decidir se realizar unha consulta ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar a categoría. Por xeolocalización, a aplicación encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se sitúa a mesma. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente se decide enviar o aviso noutro momento desde outro lugar. Posteriormente, pódese achegar unha foto da incidencia cunha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable nomeado polo Concello recibirá notificación da mesma.
A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. Unha vez resolta, o cidadán recibe unha notificación no seu móbil.

O servizo Liña Verde, ademais de tratarse dunha canle de comunicación directo de consultas e incidencias, ofrece ampla información sobre lexislación medioambiental, sistemas de xestión, residuos, reciclaje, contaminación acústica etc? Tamén serve como base de consulta sobre trámites administrativos, axudas e subvencións.

Liña Verde é un servizo completamente gratuíto. O cidadán e empresa do municipio pode beneficiarse das vantaxes que ofrece sen necesidade de levar a cabo ningunha contraprestación económica.

Coa implantación deste servizo, o Concello de Vimianzo pretende ofrecer aos cidadáns e empresas unha canle de comunicación directo para así lograr un municipio que cumpra as normas básicas de benestar social.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X