Nestes días, 85 pequenos de entre 6 e 12 anos están participando no campamento "VIMIVERÁN 2014". Entre as actividades a realizar no día de hoxe, atópase unha pequena visita ao Concello de Vimianzo.
Antes de rematar o percorrido polas as instalacións municipais, os pequenos encontráronse co alcalde de Vimianzo onde mantiveron unha pequena charla sobre distintos temas de Vimianzo, así como sobre o desenvolvemento das actividades do campamento.
As actividades para os próximos días son:
- Piragüismo
- Piscina
- Xincana
- Taller de coiro
- Visita ao Planetario
- Manualidades
- Sendeirismo á Sabadelle
- Acampada no pavillón municipal o xoves pola noite