Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-07-2014

Éxito rotundo un ano máis do Asalto ao Castelo

Parecía que a metereoloxía quería empañar a XIX edición do Asalto ao Castelo, pero nin unha insistente choiva pode coas ansias de rebelión dos irmandiños.
A vila de Vimianzo agardaba esta cita, unha data marcada na axenda de festas de Galicia, engalanada para a ocasión, e a asistencia non defraudou. Desde o martes 1 de xullo, co inicio da ruta dos pinchos irmandiños, as rúas de Vimianzo deixaban ver grande afluencia de xente disposta a probar as delicias creadas para a ocasión por 17 establecementos hostaleiros da localidade. Un pincho elaborado cinguíndose no posible á materia prima existente na época. Unha delicia para os padais que tivo a súa recompensa para os hostaleiros, que viron como o reclamo gastronómico atrae cada vez máis xente de toda a Costa da Morte a Vimianzo. Sorteo realizado, cabe dar os parabéns ao Restaurante Vázquez, que se alzou este ano co galardón ao mellor pincho, "Rollos da marquesa", e á Parrillada Montevideo que gañou o premio á mellor decoración.
O venres o ceo ameazaba con regar o foso do castelo, lugar onde se celebra a cea medieval, pero iso non impediu que os comensais encheran o aforo, desafiando calquera inclemencia meteorolóxica. Un lugar idílico para unha exquisita cea, como xeito de unión dos irmandiños para a toma do castelo do día seguinte. Teatro e música amenizaron unha cea, cunha sobremesa que se prolongou ata altas horas da madrugada.
O sábado Vimianzo espertaba cuberto de chuvia, mais chea de irmandiños dispostos a desafiala novamente. As casas engalanadas para o concurso de fachadas, baile tradicional, tiro con arco, pasarela de traxes medievais e feira de artesanía. Tregua meteorolóxica pola tarde para que os máis pequenos disfrutasen como se merecen da festa co seu Asaltiño, mais como é tradición a auga manda na loita unha vez chegados ao foso do castelo. E a guinda final da tarde, a novidade deste ano, chegou da man das irmandades parroquiais que chegaron a Vimianzo organizados en grupos desde Baíñas, Salto, Treos, Berdoias, Vimianzo e mesmo de diferentes puntos de Europa para animar o pobo a loitar contra os nobres e asaltar ao castelo, rematando co izado da bandeira irmandiña no balcón do concello. As súas arengas foron ben recollidaspois, malia que a chuvia presumía ser a protagonista da noite, a zona de concertos enchíase de xente a medida que empezaban a soar os primeiros acordes de Samarrúas, un animado grupo que deu azos aos presentes para participar no Asalto ao Castelo. Unha perfecta representación teatral de actores amateurs, maioritariamente da casa, baixo a batuta de Toño Casais, conseguiu engaiolar o público e animalo a loitar contra os nobres do castelo. O foso do castelo converteuse nunha auténtica batalla de auga e os irmandiños conseguiron recuperar os seus dereitos. E para celebralo, quedaba un cartel de excepción que comezou con Kepa Junquera, coa emocionante participación do Sr. Pazos de Merexo, dous mestres no escenario vimiancés; seguidos dun animiado concerto de man da gaiteira Susana Seivane; e fin de festa cos temas reivindicativos de Muyayo Rif, a apoteose dunha fermosa festa que nos deixou con ganas de máis.
Desde o concello de Vimianzo queremos agradecer ás Asociacións Xuvenís Cherinkas e Axvalso e a todos os voluntarios e voluntarias que traballaron na organización deste evento; á xente das asociacións culturais, deportivas e parroquiais que participaron activamente nas diferentes actividades; aos hostaleiros participantes na ruta dos pinchos; aos veciños e veciñas de Vimianzo que se implican cada día máis na festa do Asalto ao Castelo; e a cantos asistiron a calquera das actividades programadas, sen os que o éxito non sería posible.
Longa vida ao Asalto ao Castelo e a preparar a XX edición!

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X