Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A programación da Semana do Asalto comezaba o sábado coa presentación dunha aplicación para o móbil da Ruta dos Pinchos Irmandiños. Unha aplicación que nos permitirá coñecer os pinchos e os establecementos participantes, así como votar sen ter que selar o papel, simplemente a través dun código QR. Unha aplicación que, malia non empezar ata mañá martes os pinchos, pasaba xa o sábado do medio cento de descargas.
A fortaleza medieval estaba preparada ás 20 horas para presentar a Antoloxía poética de Evaristo Martelo, unha recomplicaión da obra do última persoa que habitou o noso Castelo, coñecido tamén como Torres do Martelo. O Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, non quixo perder este acto, dado que Martelo é un gran nexo de unión entre os dous concellos, xa que Evaristo alternaba a súa estancia entre Vimianzo e Rianxo. Así, os dous Alcaldes, Vimianzo e Rianxo, acompañaron a Pepe B. Alborés na presentación deste libro de Plan B Editora. Unha xornada de aprendizaxe, non só literario, senón tamén da historia de Galicia e da historia de Vimianzo.
Esta semana os nenos e nenas son os protagonistas participando nos Obradoiros medievais que se desenvolven ao longo desta semana na Casa da Cultura.