Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Dende a Área de Benestar social do concello informamos de que en virtude do artigo 74.4 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, aplícase unha bonificación do 40% na cota íntegra do imposto para os bens de natureza (IBI) a favor daqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa. (Ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles nº 8)
A través da Área de Benestar Social do Concello levamos a cabo os trámites para que todas as familias numerosas poidan solicitar esta bonificación.
Poderán solicitar esta prestación os titulares de familias numerosas sempre e cando os bens inmobles sobre os que se pretenda aplicar a bonificación non teñan un valor catastral superior aos 100.000 euros
Documentación que hai que achegar:
- Fotocopia do NIF/CIF do titular.
- Fotocopia do título de familia numerosa en vigor.
- Fotocopia da carta de pagamento.
- Fotocopia da documentación acreditativa da titularidade do inmoble.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: aberto todo o ano