14-05-2014
Os escolares de Vimianzo gozan da semana das letras na biblioteca municipal
O concello de Vimianzo programou as actividades da Semana das Letras dirixida aos escolares do concello, de xeito que todos os nenos e nenas poidan participar das actividades, ao tempo que van adquirindo o hábito de achegarse á biblioteca municipal.
Se ben noutras ocasión de programaban fóra do horario escolar este tipo de actividades, nesta ocasión optouse por realizar esta campaña de acordo cos centros de ensino, dentro do horario escolar, para garnatir que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de asistir. Durante a mañá de onte, A compañía Trinke Trinke acompañábanos na biblioteca municipal co contacontos As aventuras na cociña. Os primeiros en disfrutar del foron os nenos e nenas das escolas unitarias de Carantoña, Carnés e Castromil, nunha primeira sesión, e a continuación, outra función para os nenos de Educación Infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo.
Na mañá de hoxe, o encargado de contarnos as aventuras de dous amigos qe se perden nun castro do libro Na senda da serpe alada será Chrystian Magic, e para gozar destas aventuras achegarase nunha primeira quenda todo o alumnado do Ceip de Baíñas, mentres que a segunda función será para os nenos e nenas de Educación primaria do Ceip San Vicenzo de Vimianzo.
Xa fóra do horario escolar, aqueles nenos e nenas que o desexen poderán participar no Obradoiro artístico Coñece a Xosé Mª Díaz Castro, que terá lugar o venres ás 17 horas na Casa da Cultura. neste obradoiro coñecerán máis de preteo, sempre de xeito lúdico e ameno, a figura homenaxeada este ano nas nosas letras.
A celebración da Semana das letras continuará o sábado día 17, com vén sendo habitual, en Pasarela, organizado pola Asociación de Veciños AsVePa. E o domingo no Auditorio da Casa da Cultura, os nosos gaiteiros, pandereteiras e percusionistas ofrecerannos un concerto de exhibición. A cita será ás 18.30 horas.