A mañá do domingo espertaba solleira e a temperatura máis propia da época estival anunciaba unha dura proba para os atletas que desde ben antes das 9 da mañá comezaban a chegar ao Val de Vimianzo. O ambiente deportivo comezaba a respirarse polas rúas da capital municipal, mentres os voluntarios e voluntarias recibían as instrucións precisas para a xornada deportiva. Pouco a pouco ían colocándose no seus postos ao tempo que pola mesa de recollida de dorsais comezaban a pasar os atletas.
Os primeiros corredores dirixíanse á liña de meta para dar comezo á primeira das probas, un percorrido de 3.000 m. que deberían percorrer os participantes das categorías infantil e cadete. Houbo que agardar menos de 10 minutos para que o primeiro atleta, Brais Lago Trillo da categoría cadete, cruzase a liña de meta, seguido a tan só 35 min do primeiro clasificado na categoría infantil, Francisco Javier Rodríguez Castro, os dous pertencentes á Asociación Deportiva Olimpia, de Cee.O podium íase completando na categoría infantil masculina coa chegada de Álvaro Farinós Cruz, de Esteiro, e José Antonio Romar Bouzas, de Camariñas; na feminina, o podium foi íntegro para as corredoras da Asociación Deportiva Olimpia, coas atletas Elena Carreira Santabaya, Inés Vázquez Santos e Erica Domínguez Pais. Na categoría cadete, tamén Olimpia completou o podium, xa que xunto con Brais Lago clasificáronse Elian Numa López Iglesias e Jesús Daniel Suárez Zurita, mentres que a gañadora feminina desta categoría foi Tamara Gesto López, de Bergondo.
Ás 10.20 comezaba a segunda das probas, un percorrido de 5400 m. que percorrería a categoría xuvenil e a sénior. Xa cunha alta temperatura no ambiente e tras un soleado percorrido aos 18:38 minutos chegaba o campión da categoría sénior Martín Regueira Rellán, de Comesaña Sporting Club de Laxe; seguíronlle no podium Ramón Alberto Moreda Leirado de Foz cunha marca de 19:21 e o vimiancés Damián Espasandín Lema, que realizou o percorrido en 19:29 min. Outra vimiancesa faríase co podio na categoría sénior feminina, Victoria Fernández García realizando un tempo de 23:03 min. Completaron a clasificación Almudena López Serantes (27:27), de Bergondo, e María Maroñas Allo (33:10), de Negreira. En canto aos xuvenís masculinos ao campión, Pablo Barreira Rial, de Malpica de Bergantiños, abondáronlle 19:49 min para cruzar a liña de meta, seguido por Pablo Oróns Vázquez, de Perillo (22:48); e Ángel Alonso Rama, de Carnota (27:50). Na categoría feminina, Laura Pose Suárez, de Camelle, foi a primeira clasificada cunha marca de 28:09 min.
Chegaba a hora da gran carreira, un percorrido de 10Km cun sol relocente que ameazaba complicarlle o percorrido aos atletas. Ás 11 o Alcalde daba o pistoletazo de saída aos máis de 200 atletas participantes nesta proba. Tres veces terían que pasar pola meta os corredores, para completar os quilómetros. E en 34:04 min realizou todo o percorrido o campión da carreira absoluta, participante na categoría Sénior masculina, Iván Redondo Vidal, do Club Montepenarrubia Runnig de Rábade. Sen deixarlle baixar o ritmo seguíano o segundo clasificado na mesma categoría, Cristian Muíño Varela, de Coristanco, que realizou o percorrido en 34.28 min; e Alberto Castiñeira Figueroa, do Club de Atletismo de Santiago, que cruzou a liña de meta cinco segundos despois. Completando con estas marcas o podio da carreira absoluta. Seguindo coa clasificación masculina desta proba, na categoría veteranos M40, o podio compuxérono Javier Seone Puga, de Carballo, que se clasificou como campión cunha marca de 35:12 min. Seguírono o corcubionés José Manuel Lago Ces (35:56) e Arturo Pasantes Vidal, de Brens que rematou o percorrido en 37:47. E os veteranos M50 José Suárez Leis, da Baña, chegou a meta en 31:01 min, seguido do camariñán José Manuel Rodríguez Tajes (38:25) e de José Manuel Romero Olveira, da Pobra do Caramiñal (40:34). En canto ás mulleres o mellor tempo foi realizado na categoría veteranos M40 pola vimiancesa Teresa Castro Villaverde, que realizou o percorrido en 41:38, nesta categoría completaron o podio Ana María Mallo Domínguez, de Ames (51:39) e Mª del Carmen Bazarra Agulla, de Outes (54:01). Na categoría sénior feminina, a campioa foi Eva María Portas Lemus, da Coruña, cunha marca de 44:52 min, que compartiu podio con Estela María Portas Lemus, da Coruña (47:05) e por Belén Pérez Martínez de Cee (47:16). A zasense Carmen García García foi a campioa da categoría veteranos M50, cun tempo de 50:54 min, seguírona na clasificación Araceli Veiga Bermejo, da Coruña (57:17) e pola viguesa María José Comesaña Estévez (1:05:59). Completarían o podio, polo tanto, da carreira absoluta Teresa Castro, Eva Mª Portas e Estela Mª Portas.
Mención especial había no regulamento para as perosas empadroadas no concello de Vimianzo que realizaran a mellor marca. Da categoría sénior masculina foi o primeiro vimiancés en cruzar a liña de meta, 35:47 min tardou en realizar o percorrido Luis Miguel Antelo Lema, quedando sétimo na clasificación xeral. En canto ás categorías femininas sería Teresa Castro Villaverde, da categoría veteranos M40, a primeira vimiancesa en realizar os 10 Km, entrando na posición 43 na xeral.
Agardando espectantes a que rematase a carreira de 10 km atopábanse os participantes da categoría alevín, ansiosos por realizar a súa proba. Pasaba un pouco das 12.15, hora prevista cando se daba o pistoletazo de saída para percorre os 1.000m. Por debaixo de catro minutos todos os clasificados no podio, na categoría masculina o muradán Óscar Farinós Cruz alzouse campión, cruzando a meta en 3:05min. De Noia foi o segundo clasificado, Antón López Dosil (3:13) e Sergio Martínez Bazarra, da Serra de Outes, sería terceiro cunha marca de 3:17 min. Na categoría feminina, a vimiancesa Lucía Villaverde Ameijeiras, foi a campioa logo de realizar o percorrido en 3:14 min, seguida por Lucía Suárez Rodríguez, da Asoc. Dep. Olimpia (3:16) e da mesma asociación ceense cun tempo de 3:19 Aberu Ríos Fidalgo pecharía o podio. Quince minutos despois saían os benxamíns, co mesmo percorrido de 1000m) onde o campió foi outro vimiancés Yerik Ismaq Pedreira, cun tempo de 3:24, acompañado no podio por Uxío Farinós Cruz, de Esteiro (3:31) e Juan Oreiro Lagoa de Cee (3:34).
Faltaba só unha proba, que foi sen dúbida a de maior espectación da xornada, os pequenos atletas da categoría pitufos, de idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos, dispostos a saír da liña de meta para percorrer os 300 metros que compoñían a súa proba, entre multitudes de flashes de cámaras. Todos eles completaron a proba e recibiron á chegada, á parte dunha grande ovación dos presentes, unha medalla conmemorativa de recordo da xornada, igual que os participantes das categorías alevín e benxamín. E malia que non había podio para os pitufos, os pais apuraron a foto, mentres a organización preparaba a entrega de medallas final.
Unha gran xornada deportiva a que viviu Vimianzo na que houbo tamén agradecementos para as empresas que colaboraron co concello para poder levar a cabo eventos deste tipo. Deste xeito, aos patrocinadores do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, no que se enmarca esta carreira, Coca Cola, Supermercados Gadis e Industrias Cerdeimar Conservas Boya, houbo un agradecemento especial para os pequenos empresarios vimianceses que colaboraron no patrocinio da nosa carreira: Clínica Vimianzo Saúde, Induplan, Estación de Servicio Petrosoneira, Perez Rey Materiales de construcción, Celme Café, Imprenta Breogán, Ferretería Alvarellos, Ferretería As tres chaves e Ferretería Central. E agrdecemntos para toda a xente voluntaria que colabora coa organización e a Protección civil de Vimianzo que contou coa colaboración dos colegas de Zas, Camariñas e Muxía.
CLASIFICACIÓNS III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO
CARREIRA INFANTIL 3000m.
categoría masculina- Francisco Javier Rodríguez Castro (d. 88) 10.34 Asoc. Dep. Olimpia
- Álvaro Farinós Cruz (d. 80) 11:18 A.D. Atletes de Esteiro – Muros
- José Antonio Romar Bouzas (d.108) 12:10 Camariñas
Categoría feminina
- Elena Carreira Santabaya (d. 84) 12:16 Asoc. Dep. Olimpia
- Inés Vázquez Santos (d.90) 12: 48 Asoc. Dep. Olimpia
- Erica Domínguez Pais (d.85) 13.45 Asoc. Dep. Olimpia
CATEGORÍA CADETE 3.000m.
Categoría masculina
- Brais Lago Trillo 9.57 Asoc. Dep. Olimpia
- Elian Numa López Iglesias 11.01 Asoc. Dep. Olimpia
- Jesús Daniel Suárez Zurita 11:07 Asoc. Dep. Olimpia
Categoría feminina
1. Tamara gesto López 13:59 Bergondo
CARREIRA XUVENIL: 4.500 M.
Categoría masculina.
- Pablo Barreira Varela 19:49 Malpica de Bergantiños
- Pablo Oróns Vázquez 22:48 Perillo- Oleiros
- Ángel Alonso Rama 27:50 Carnota
Categoría feminina
- Laura Pose Suárez 26:09 Camelle – Camariñas
CARREIRA ALEVÍN: 1.000 M.
Categoría masculina:
- Óscar Farinós Cruz 3.05 A.D. Atletes de Esteiro – Muros
- Antón López Dosil 3:13 Noia
- Sergio Martínez Bazarra 3:17 Serra de Outes
Categoría feminina
- María Villaverde Ameijeiras 3:14 Vimianzo
- Lucía Suárez Rodríguez 3:16 Asoc. Dep. Olimpia
- Aberu Ríos Fidalgo 3:19 Asoc. Dep. Olimpia
CARREIRA BENXAMÍN 1.000 m.
- Yerik Ismaq Pedreira 3:24 Vimianzo
- Uxío Farinós Cruz 3:31 A.D. Atletes de Esteiro- Muros
- Juan Oreiro Lagoa 3:34 Cee
CARREIRA ABSOLUTA 5K 5.400m.
Categoría masculina:
- Martín Regueira Rellán 18:38 Comesaña Sporting Club Laxe
- Ramón Alberto Moreda Leirado 19:21 Foz
- Damián Espasandín Lema 19:29 Vimianzo
Categoría feminina:
- Victoria Fernández García 23:03 Comesaña Sporting Club Vimianzo
- Almudena López Serantes 27:27 Gesto Team Bergondo
- María Maroñas Allo 33:10 Negreira
CARREIRA ABSOLUTA 10k (10.000m.)
Categoría masculina
- Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarubia Runnig Rábade
- Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco
- Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago
Categoría feminina:
- Teresa Castro Villaverde 41:38 Club Atletismo Noia Vimianzo
- Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña
- Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña
Categoría Sénior Masculina
- Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarrubia Runnig Rábade
- Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco
- Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago
Categoría Sénior Feminina
- Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña
- Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña
- Belén Pérez Martínez 47:16 Cee
Categoría veteranos M40 masculina
- Javier Seoane Puga 35:13 A.D.C. Bomberos A Coruña
- José Manuel Lago Ces 35:36 Atletismo Sar Corcubión
- Arturo Pasantes Vidal 37:47 Brens
Categoría Veteranas M40 feminina
- Teresa Castro Villaverde 41:38 Club Atletismo Noia Vimianzo
- Ana María Mallo Domínguez 51:39 Ames
- Mª Carmen Bazarra Agulla 54:01 Outes
Categoría veteranos M50 masculina
- José Suárez Leis 37:01 C.A. Boimorto A Baña
- José Manuel Rodríguez Tajes 38:25 Camariñas
- José Manuel Romero Olveira 40:34 Veteranos de Samil/ Manuel Tomás A Pobra do Caramiñal
Categoría veteranos M50 feminina
- Carmen García García 50:54 Zas
- Araceli Veiga Bermejo 57:17 A Coruña
- María José Comesaña Estévez 1:05: 59 Vigo
PRIMEIROS CLASIFICADOS DE VIMIANZO
Feminina: Teresa Castro Villaverde M40F 41:38 posto 43 clasificación xeral
Masculino: Luis Miguel Antelo Lema SNM 35:47 posto 7 na xeral