Concello de Vimianzo
4 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-05-2014

Gran cantidade de veciños e veciñas de Vimianzo celebran a recuperación do Muíño da Agra

Onte foi un día moi especial para os veciños e veciñas de Vimianzo, que tras máis de corenta anos puideron volver entrar no Muíño da Agra, un edificio emblemático para os vimianceses que forma parte da súa memoria e da memoria dos seus antepasados. Atopamos referencias ao Muíño da Agra no Catastro del Marqués de la Ensenada do ano 1752, como se pode ler no cartel situado no recinto do muíño: "otro de dos ruedas bajo un techo llamado de Agra, propio de don Juan de Castro el uno y el otro de don Jorge Caamaño, vecino de Santa Eulalia de ?, los que muelen por cubo todo el año a la maquila con auga del río de Cambeda, cuya autilidad regulan en quinientos veinte reales y a cada uno por rueda doscientos y sesenta...". Moita era a xente que onte lembraba as horas pasadas no muíño facendo usos das pezas que lles correspondían como propietarios, e incluso lavando na súa canle, parte dela hoxe irrecuperable, pois o mal chamado progreso desfixo parte dese patrimonio material. Mais ese "progreso" atopouse desde hai tempo coa loita dos veciños por evitar a desaparición do Muíño e grazas a eles hoxe podemos gozar todos deste espazo no casco urbano da vila. 
Para todos estes veciños e veciñas que loitaron por conservar o muíño, foi o primeiro dos agradecementos de Manuel Antelo na tarde de onte, xunto co agradecemento aos propietarios e propietarias que cederon a súa parte para que o concello puidese levar a cabo a restauración. Un agradecemento que non queda só en palabras do Alcalde, senón que se pode ver escrito na placa da entrada do recinto.
A contorna do Muíño vive un antes e un despois a esta rehabilitación, unha zona ata agora esquencida dentro do casco urbano conta agora cunha fermosa área que sen dúbida axuda a poñela en valor. Desde o Concello estase xa a traballar para conseguir volver construír a presa que facía que a auga chegase con forza ao muíño e que fai posible poñelo en funcionamento, unha vez que as pezas xa quedaron preparadas para moer. Mais tamén se traballará para continuar coa humanización desta parte do núcleo urbano de Vimianzo, intentando que ao carón do muíño poida habilitarse unha área recreativa; novas ambas moi ben acollidas pola gran cantidade de xente presente na inauguración.
O Muíño da Agra é parte do noso patrimonio material, mais a idea é que sexa un espazo etnográfico onde se comparta tradición e ensinaza, desde xeito o Alcalde convidou á xente máis maior, aqueles que moeron e que seguen sabendo como moer, a que compartan esta ensinanza coas novas xeracións. E, como non podía ser doutro xeito,  anunciou a disposición do Concello a abrir o muíño para aquela xente disposta a moer nel.
Máis agradecementos e lembranzas destacables no discurso do Alcalde, desta vez para outro veciño de Vimianzo que xa non está con nós, Roberto Mouzo, quen dedicou parte da súa vida a traballar pola nosa memoria e polo patrimonio da Terra de Soneira. Del son os debuxos que se poden ver no exterior e no interior do muíño, debuxo de como era o interior do muíño coa súa canle e debuxo e recollida da nomenclatura de todas as partes do muíño, nomes para moitos descoñecidos e para outros ocultos na memoria.
Unha tarde emotiva na que se compartiron moitas lembranzas para uns e asombro para outros que non acreditaban que a maleza puidese ocultar durante tantos anos algo tan emblemático para Vimianzo.
E para pechar o acto que mellor que a presentación das Xornadas gastronómicas de primavera, grazas aos hostalerios que desprazaron á contorna do Muíño os seus restaurantes para que puidésemos degustar unha mostra dos pratos que forman parte dos menús gastronómicos: Casa Sabina, Vázquez, Edreira, Castillo, Patoriza, Casa Paco e O Cabral, xunto coas panaderías Sampedro, PanIgnacio e Antoxos. Uns menús que comezarán esta fin de semana e teremos ocasión de probara ata o 15 de xuño
 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X