Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Hai uns meses a Sala de Exposicións Antón Mouzo abría as súas portas a artistas de fóra de fóra de Vimianzo, que veñen alternando exposicións cos da casa. A primeira destas artistas foi a muxiá Viki Rivadulla e desde a vila da Barca chéganos tamén a actual exposición. O fotógrafo Xesús Búa, natural de Muxía, malia que, segundo confesou no discurso inaugural, considera Vimianzo a súa segunda terra, tráenos a exposición de fotografía Miña terra. Desde o pasado venres ata o vinderio 31 de maio todas as persoas que se acheguen á Sala de Exposicións poderán contemplar fermosas fotografías das nosas xentes e das nosas tradicións. Calquera de nós, coñeza ou non á persoa retratada, pode atopar semellanzas coa súa contorna máis próxima.
Esta vén sendo a terceira exposición de fotografía que acolle a nosa Sala. logo de que os vimianceses Xoán Carballo e Antonio Nodar expuxeran as súas escollas fotográficas en Vimianzo.