Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-04-2014

A Biblioteca municipal festexou o Día internacional do libro infantil e xuvenil

A Biblioteca municipal recibía onte a visita dos Vimianziños e dos máis pequenos e pequenas do Ceip San Vicenzo para conmemorar o Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Dentro do programa Ler conta moito subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, piudemos contar na nosa biblioteca con Nita disposta a ensinarlle aos máis pequenos que A ciencia é divertida. Os nenos e nenas pasaron unha xornada de aprendizaxe lúdico, adecuada ás súas idades, familiarizándose cos libros, cos diferentes experimentos que lles ensinou Nita e coa propia biblioteca.
Esta programación de animación á lectura continuará con diferentes actividades e pola biblioteca municipal pasarán todos os alumnos do Ceip San Vicenzo, do Ceip de Baíñas e das escolas unitarias do concello.
O concello completará o programa con diferentes obradoiros e actividades fóra do horario escolar para que poidan participar os nenos e nenas que o desexen. A primeira destas actividades, gratuítas, desenvolverase durantes as vacacións de Semana Santa. Aqueles que desexen participar nos obradoiros de Pascua e na xornada de animación Contos de Pascua, poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 11 de abril

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X