Logo do éxito das Andainas conxuntas organizadas o ano pasado por oito concellos da Costa da Morte, cunha exitosa participación de preto de 300 persoas nalgunha das rutas, xa temos aquí a nova programación. Serán un total de oito rutas, unha por concello, que comezarán o 14 de marzo en Cee e rematarán o 30 de maio en Ponteceso. Todas elas serán os sábados pola mañá, en horario de 10 a 15 horas. As andainas están pensadas para que se poidan realizar en familia, deste xeito pódese inscribir nelas nenos e nenas a partir dos 7 anos, tendo en conta que os percorridos varían entre os 10 e os 15 quilómetros. A actividade e gratuíta e os interesados deberán realizar a inscrición no concello ao que pertencen. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores escollerá o que prefira para realizar a inscrición. os concellos poñerán un autobús para realizar o desprazamento ata o punto de partida das rutas, sempre e cando se superen as 15 inscrcións.
Para facer as inscricións podedes enviar un email a deportes@vimianzo.gal, indicando a ruta na que queredes participar xunto cos vosos datos (nome e apelidos, DNI, data de nacemento, poboación e teléfono de contacto)
As rutas programadas son as seguintes:
- 14 de marzo Cee, Coñece camiños: circular
- 28 de marzo Muxía, Ruta dos muíños: circular
- 11 de abril Vimianzo, Os Penedos: moito máis que pedras: lineal
- 18 de abril Camariñas, Coñece camiños: lineal
- 2 de maio Dumbría, Chans das lagoas: lineal
- 9 de maio Fisterra, Entre prados do fin da Terra: lineal
- 16 de maio Corcubión, A vila antiga e o camiño dos Salseiros: circular
- 30 de maio Ponteceso, Mar de Niñóns: circular