Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-03-2014

O Concello de Vimianzo consolida o saneamento económico durante o ano 2013

O Alcalde de Vimianzo vén de aprobar a liquidación do exercicio económico 2013. Os resultados confirman  a boa xestión económica levada a cabo consolidando unha economía local saneada.
 
 Neste senso destacan os seguintes datos da liquidación de 2013:
  • Remanente de Tesourería para gastos xerais de 493.979,46€
  • Aforro neto de 535.976,95€
  • Execución orzamentaria do 95%
 
O remanente de Tesourería vén indicar unha xestión prudente dos recursos, que evita o despilfarro e o descontrol na decisión do gasto. Son recursos líquidos que se deben incorporar ao seguinte exercicio económico para financiar actuacións non previstas no orzamento. Por outro lado, fala da capacidade de financiamento do concello, que é excendente, e polo tanto con garantía para os pagamentos de Tesourería, para o pagamento aos provedores. Cabe lembrar que, neste senso, durante o ano 2013, o noso concello non tivo problemas de Tesourería á hora de facer os pagamentos aos provedores. Cumprimos sobradamente o obxectivo de pagar a menos de 30 días, e, por suposto, o noso concello non incorreu en morosidade, tal como consta nos informes de Intervención presentados ao Pleno.
 
O aforro neto é a diferenza entre os ingresos ordinarios e os gasto ordinarios, e serve de indicador para falar da solvencia económica do concello. O seu equivalente nas economías domésticas é a diferenza entre salarios e consumos máis amortización e intereses de créditos. A cifra de 535.976,95€ dá idea desa capacidade de solvencia do concello.
 
En canto á execución orzamentaria, vén falar do nivel de xestión orzamentaria, e polo tanto de capacidade de optimizar os recursos municipais. O cumprimento do 95% significa levar a cabo unha acción nun marco orzamentario que se executa na práctica totalidade.
 
A Intervención municipal destaca no seu informe o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, o obxectivo da débeda pública e a regra de gasto. Ao tempo que se indica que o nivel de endebedamento está por debaixo dos límites normativos.
 
Outro dos aspectos a destacar é a minoración da débeda pública que supón un 25’92% do orzamento, e que no exercicio 2013 rebaixamos cunha amortización anticipada de máis de 30.000€ no crédito para o pagamento da sentenza da Casa de Cultura. A data 31 de decembro a cantidade que o concello de Vimianzo debe aos bancos, en diferentes créditos, é de 1’5 millóns de euros.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X