Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-03-2014

Baíñas deulle ao Entroido a mellor das despedidas

A Praza do Outeiro empezaba a encherse de disfraces e comparsas dispostas a vivir a última noite de entroido, a divertirse e a facer gozar á cantidade de xente que se ía situando polas beirarrúas dispostos a non perder detalle do que alí ía acontecer. E non defraudou. O desfile de comparsas saía da Praza do Outeiro pasadas as nove da noite e comezaba o pasarrúas pola rúa principal da vila. Seis comparsas, catro grupos e moitos disfraces comezaron a desfilar entre unha rúa ateigada de xente e ante a atenta mirada dos membros do xurado que tomaron nota de todo canto acontecía xa que terían que telo en conta para a valoración final. As luces, a música, os bailes fixeron da noite do sábado unha noite especial para a vila.
Ao remate do pasarrúas, un pavillón ateigado de xente agardaba o inicio do concurso de disfraces, mentres moitos aproveitabna para degustar o lacón con grelos que durante toda a tarde estiveron cociñando os organizadores, outro dos grandes éxitos desta festa.
Preparados xa os dous mestres de cerimonias que dirixiron á perfección o concurso, co xurado ben situado para presenciar as actuacións, deu comezo o tan agardado concurso.
Os primeiros en saír á pista foron os disfraces individuais, entre os que resultaron gañadores, na categoría infantil: unha fermosa Dama de Cartón, que se fixo co 1º premio, seguida no pódio por unha barra de pegamento Ai se che pego! e unha moi traballada momia. Na categoría de adultos onde só un podía optar ao premio, o xurado escolleu a dous simpáticos mozos chamado que realizaban Unha mudanza. Comezou a quenda dos grupos que realizaron diversas actuacións ante o públioc e o xurado: Para mariñeiros nós, que se farían co 2º premio, foron os primeiros en realizares unha simpática xornada de pesca con dinamita; unhas fermosas toureiras, con touro incluído, seguíron na orde de actuacións, amosando grandes dotes artísticas para o toureo e sobre todo para o baile; a continuación un grupo local fixo unha divertida axhibición de Natación Sinccronizada na piscina olímpica, conseguindo conquistar o xurado e alzarse co primeiro premio nesta categoría; e para rematar o apartado dos grupos chegaron ao pavillón de Baíñas un curioso grupo de militares.
As comparsas tomaron o relevo dos grupos e de desfile militar o pavillón viuse invadido por un control policial cos nenos como protagonistas. Pequenos policías e un grupo de reos conseguiron divertir aos presentes e ao xurado que lle outorgou a esta comparsa un accésit reservado para o mellor grupo ou conxunto local. Outra comparsa infantil sería a seguinte en saír á pista sorprendendo ao público ao saír un bo número de bailarinas dunha fermosa caixa de música, facendo unha demostración das súas dotes artísticas sobre a pista. O son dos tambores anunciaba a terceira comparsa en participar no concurso e a comparsa Trubisquiña entraba no pavillón movendo ficha, facendo mover os presentes cuna nimado ritmo de percusión ao tempo que o parchís, o xadrez e o rubik enchían de cor o pavillón. Desde Liñaio, en Negreira, chegaba a seguinte comparsa, deixando a nave nodriza no exterior, a Guerra das Galaxias encheu o pavillón ao ritmo da Macarena. E xunto a nave espacial permanecían varados os barcos piratas da comparsa Dancetekas que foron as seguintes en actuar coas súas Mareas Imposibles os piratas encheron a pista cunha ensaiada coreografñia acompañando a loita pirata; a coreografía, o vestiario, a maquillaxe e, como non, os grandes barcos, fixeron que o xurado lle outorgase o 1º premio nesta noite. E para pechar o concurso Buxantes Calidade entrou en Baíñas con outra coñecida película, e en tres dimensións todo o público puido gozar de Avatar, que logo da escenificación remataron a actuación con baile. Para Buxantes iría o 2º premio do concurso de comparsas.
Unha vez rematada a exhibición o xurado composto por Andrea Rodríguez de Radio Nodés, José Manuel Ramos, de  El Correo Gallego, e Manuel Rial, de Radiovoz, tomou o seu tempo para deliberar antes de facer públicos os premiados e comezar a entrega de premios, da que ademais do xurado se faría cargo o Tenente alcalde Fernando Mancebo.
Unha vez rematado o concurso, o lacón con grelos e as filloas volveron tomar o protagonismo e festa co Dúo D`Festa ata que o corpo aguantou.
Parabéns aos organizadores desta festa que un ano máis superaron as espectativas e un agradecemento especial para os membors do xurado que colaboran desinteresadamente co concello de Vimianzo, e para todos cantos participaron na festa.

Resumo dos premios no concurso:
COMPARSAS:
1º premio: Mareas imposibles- Comparsa Dancetekas (Vimianzo)
2º premio: Avatar - Comparsa Buxantes Calidade (Dumbría)
GRUPOS:
1º premio: Natación sincronizada de Baíñas
2º premio: Para mariñeiros nós, de Castrelo
ACCÉSIT para o mellor grupo ou comparsa local: Control Policial
INDIVIDUAIS:
Adulto: De mudanza
Infantís:
           1º premio: Dama de cartón
           2º premio: Ai se che pego
           3º premio: A momia

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X