Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-01-2014

Un total de 194 nenos e nenas pertencentes a 138 familias do concello recibiron as axudas para escolares e para o fomento da natalidade

O concello de Vimianzo acaba de pagar 17175,€ en axudas para o fomento da natalidade e para gastos nos que incorren os escolares do ensino obrigatorio matriculados en centros públicos.
Once familias reciben 100,€ polo nacemento de fillo ou filla, adopción ou acollemento ata o 1 de setembro de 2013. O límite económico para acceder a unha axuda por nacemento era ter unha renda per cápita non superior 9.600,€ anuais.
No caso das axudas escolares un total de 189 nenos e nenas de 127 familias de Vimianzo, reciben un total de 16075,€ o que dá unha media de 126,€ por familia.
O goberno municipal, grazas ao esforzo aforrador na Área de Benestar, conseguiu atender todas as solicitudes que tiñan dereito a acceder a esta axuda escolar, é dicir nas familias onde a renda distribuída entre cada un dos membros da unidade familiar é menor de 6390,13€, sendo os escolares pertencentes ao ensino obrigatorio e matriculados nun centro de ensino público.
O Alcalde cumpre así un compromiso de axuda ás familias con xente máis nova en momentos de grandes dificultades e moito gasto

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X