Concello de Vimianzo
15 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-12-2013

Os nenos e nenas de Vimianzo reciben a visita do Apalpador

O Concello de Vimianzo contou este Nadal coa visita do Apalpador, o vello carboeiro que habita durante todo o ano nos montes do Courel e baixa na noite do 24 ou do 31 de decembro ás aldeas. Entra nas casas e visita os nenos e nenas mentres dormen, apálpalles as barrigas para comprobar que estean ben alimentados e deséxalles fartura para todo o ano. E vaise deixándolles unha boa presa de castañas.
Co carro das castañas chegou á Casa da Cultura de Vimianzo onde o agardaban os nenos e nenas ansiosos de escoitar a súa historia e de comer as saborosas castañas quentiñas. Ben seguro que a estes raparigos e raparigas non lle ha faltar fartura no vindeiro ano.
O Concello aposta deste xeito por divulgar unha tradición propia sen deixar de contar con outras figuras tan presentes no noso Nadal como son Papá Noel e os Reis Magos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X