23-12-2013
Cheo no Auditorio de Vimianzo para os Cantos de Nadal
A tarde do domingo estivo chea de actividade na Casa da Cultura de Vimianzo. Comezaba ás 5 da tarde cunha festa na que os máis pequenos da casa foron os auténticos protagonistas. Animación, xogos, maquillaxe, globoflexia, para unha entretida xornada. Papá Noel non podía faltar nesta festa e os nenos e nenas tiveron ocasión de falar con el e entregarlle as cartas para que o día 24 poida deixar os agasallos nas casas. Pero a verdadeira sorpresa para os pequenos foi a entrada do seu personaxe favorito, que se pode dicir que lle quitou protagonismo a Papá Noel, a famosa Peppa Pig.
Culminou a festa infantil coa entrega de premios do III Concurso Infantil de Postais de Nadal, no que Brais Esperante Pérez foi o gañador.
Pouco máis tarde das 8 da tarde o Auditorio co aforo completo agardaba espectante a actuación da escola municipal de pandeireta. Cinco grupos de pandereteiras, catro da escola de Vimianzo e un convidado de Cabana de Bergantiños, arrancaron a ovación do público tras cada interpretación dos tradicionais Cantos de Nadal, tradición que conservamos grazas ao labor realizado polas agrupacións de música tradicional que recolleron dos nosos maiores. O día de reis teremos ocasións de volver escoitar as pandereteiras con Cantos de Reis