Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-11-2013

A música coral enche o auditorio da Casa da Cultura

O pasado domingo tiña lugar o III Encontro de Corais da Terra de Soneira no Auditorio da Casa da Cultura, un encontro de música coral no que como vén sendo habitula contamos coas tres corais representativas de cada un dos concellos que compoñen a comarca soneirá: o Coro municipal de Mulleres de Camariñas, a Coral Polifónica Xan Mella de Baio - Zas e a Coral Polifónica Lusco Fusco de Vimianzo.
Comezou o concerto o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, dirixido por Rosario Vázquez Freire, que interpretou Saír Fuxindo, unha versión da canción Salir Corriendo de Amaral, con letra e música de Rosario Vázquez; As penas do verde-gaio, unha canción tradicional portuguesa con arranxos de Rosario Vázquez; Salió de Jamaica, unha habera tradicional con arranxos de Ángel Viro e Rosario Vázquez; A Maruxiña, canción tradicional galega con arranxos de Rosario Vázquez; e rematou a actuación coa habanera de Gil de Alcalá Todas las mañanitas de Manuel Penella con arranxos de Rosario Vázquez.
A segunda coral, Coral Polifónica Xan Mella de Baio, no concello de Zas, dirixida pola profesora bielorrusa Tatiana Pankrátova, interpretou Ave María no morro, de Martins, harmonizado por Tatiana Pankrátova; Paloma mensajera de Luis Gasch; La Piragua de Zino Yonusa; Terra Meiga de Rey Rivero e Katiusha de Blanter con arranxos de Tatiana Pankrátova.
Pecharon o concerto so anfitrións a Coral Polifónica Lusco Fusco de Vimianzo, coa interpretación de Ave María de Caccini, Habanera divina de con música de Manuel Massotti e letra de Manuel Martínez Endique; Bullerengue, unha canción típica boliviana; habanera Don Gil de Alcalá de Manuel Penella e La del soto del Parral (Donde estarán nuestros mozos) de Juan Vert.
Unha tarde musical que pechou Manuel Antelo, Alcalde de Vimianzo, cunhas palabras de agradecemento para os coralistas e directores e para o público que enchía a Casa da Cultura

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X