04-11-2013
Unha animada xornada de músicos locais na Casa da Cultura
Malia que o tempo non acompañaba a saír da casa os veciños e veciñas de Vimianzo non quixeron perder a ocasión de ver no escenario os nosos artistas e ás 20 horas comezaba o esperado concerto de músicos de Vimianzo na Casa da Cultura, inaugurando o mes de novembro dedicado á música. A Charanga Escándalo foi a encargada de romper o xeo e foron os primeiros en recibir os aplausos tras a interpretación de temas ben coñecidos polo público: Sólo te pido, Cántiga de Camariñas, Adelita, Pasodoble. Os seguintes en demostrar o seu talento foron os cantantes xa ben coñecidos polo público vimiancés: Jaime de Vilaseco e Rosa Oreiro que foron alternando a súa actuación. Jaime, con lazo e sombriro mexicano, engaloiou ao público coas súas racheiras: El ayudante, Después del rosario e Ay amigo! foronos temas escolidos para esta ocasións; mentres que Rosa se atreveu con temas españois tan coñecidos como Desde mi libertad, de Ana Belén; Esta coberdía, de Chiquetete e Si amenece e Isabel Pantoja. Un cambio total de estilo o dos mozos vimianceses Os Troitamundos que fixeron cantar ao público o coñecido Bailaré sobre tu tumba, de Siniestro total, logo de interpretar un reivindicativo tema propio do grupo, Involución, e un clásico de Judas Priest, Breaking the law. Pecharon a xornada musical os acordeonistas de Pasarela Aserrín e viruta acompañados polo profesor Jacinto Paredes, que interpretaron Palomita-inspiración, Ella e Islas Canarias.
Unha xornada divertida e emotiva que dá oportunidade aos artistas locais de actuar na súa casa, demostrar o seu talento ante o público máis cercano e á vez máis esixente, os propios veciños, amigos e familiares, e demostraron que son uns auténticos artistas. unha mostra máis de que en Vimianzo podemos estar orgullosos do noso.