Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-10-2013

En marcha o Obradoiro de Emprego Terra de Soneira

Alcaldes, técnicos de emprego, mestres e alumnos-traballadores e  reuníanse onte na Casa da Cultura de Vimianzo para dar comezo ao Obradoiro de Emprego Terra de Soneira 2013 - 2014.
Trátase dun obradoiro innovador que conta con dúas especialidades, por un lado a interpretación e educación ambiental e, por outro, de confección e publicación de páxinas web, dúas esepcialidades de nivel 2 e 3 o que supuxo que fose destinado maioritariamente á xente moza. Un dos requisitos imprescindibles para acceder ao procedemento de selección era estar en posesión do título de graduado en ESO, BUP, FP II ou Ciclo Superior. Un total de 22 alumnos-traballadores soneiráns participarán no Obradoiro que terá unha duración de seis meses. Sete persoas do concello de Zas, sete de Camariñas e oito de Vimianzo, concello coordinador do Obradoiro, onde estará a sede do mesmo, abrindo deste xeito un novo camiño para o futuro laboral para os participantes. Ademais destas 22 persoas, seis persoas máis foron contratadas para levar adiante este obradoiro: unha directora, un adminitrativo e catro mestres, un de interpretación e educación ambiental, outro para confección e publicación de páxinas web, un de formación empresarial e outro de formación básica.
En canto ao contido do obradoiro desenvlverá as seguintes unidades de traballo: topografías e folletos sobte recursos naturais e patrimoniais da Terra de Soneira, rutas guiadas para colectivos singulares,  rutas guiadas pola Terra de Soneira, webs municipais, As asociacións da Terra de Soneira "na nube" e o patrimonio cultural e natural da Terra de Soneira na internet. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X